TEATRO PARA ESCOLARES – A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

14 e 15 xaneiro. Funcións para escolares pola mañá.
EN GALEGO
Mais información e reservas: [email protected] / [email protected] ou no tlf: 635 364 587

A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?

Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.

Fecha

14 - 15 Ene 2027

Localización

Cine Teatro Salesianos
Venezuela 3, Vigo
Web
https://cinesalesianos.com
Categoría
A Xanela do Maxín

Organizador

A Xanela do Maxín
Teléfono
635 364 587
Correo electrónico
[email protected]
Web
https://axaneladomaxin.com/

Los comentarios están cerrados.

© 2026 Cine Teatro Salesianos - Aviso Legal

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad