O mundo máxico de Pinocho
A compañía Educateatro volve, esta vez con Pinocho.
Domingo 7 de abril: 12:00h e 17:00h
Venda entradas en: www.ataquilla.com
Menores de 24 meses non pagan entrada.
Público: Familiar, recomendado a partir de 2 anos.
Idioma: Galego
En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.
TEMAS MUSICAIS
A canción das ferramentas, Fada! Fada!, Pinocho, Non vou dicir mentiras nunca máis, Somos Raposo e Gato, Bailar e cantar, Vals da balea
TÉCNICAS
Teatro musical, maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras, piano en directo.
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 2 anos
Material complementario: Á súa chegada á sala, entregaráselle a cada cativo un marcapáxinas con forma de variña máxica para axudar á Fada Mimadriña nos seus conxuros