O MONSTRO DE CORES
Venres 17 de abril. 18:00h
EN GALEGO
Venta entradas anticipadas: www.ataquilla.com
O Monstro de Cores esperta hoxe algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar. Xuntas vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma.
Este espectáculo teatral, baseado no popular libro de Anna Llenas, convértese nunha viaxe chea de cores, música e xogo, onde as nenas e nenos, xunto coas súas familias, descubrirán que as emocións son amigas que hai que coidar e entender.