Meigas, habelas hainas o Musical
Sábado 28 noviembre, 20:00h
Entradas en: www.ataquilla.com
Público: Adulto
Idioma: Galego
Meigas é un musical teatral ambientado nunha aldea galega envolta en néboa e lendas, onde a maxia ancestral e a resistencia feminina cobran vida. A historia xira arredor de Iria, unha nova meiga valente que aínda non comprende de todo o seu poder, e Uxía, filla de pescadores, racional, sensible e fondamente humana. Ambas, xunto ao seu círculo de meigas –a sabia forasteira Branca, a maternal Maruxa e o espírito brincador da chuvia, Solaina– defenden a súa identidade fronte á hostilidade do pobo e ás escuras obsesións do sacerdote Ramón.
A través de rituais, cancións e chuvias máxicas, as protagonistas enfróntanse ao medo, á traizón e á persecución, mentres forxan lazos de irmandade e esperanza e redescubren o valor da memoria colectiva. Ao ritmo da tradición galega e de números musicais inspirados en grandes éxitos do teatro, a obra celebra a resistencia, a diversidade e a alegría de vivir, convidando ao público a atopar a maxia na risa, na amizade e na memoria compartida.