
Concierto: Lúa Mosquetera
Sábado 22 de marzo, 20:30h
Entradas en: www.ataquilla.com
Un espectador definiu algunha vez este show como “stand up poetry”.
É un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas”en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que che remove por dentro, que che leva con sorprendente facilidade da risa ao choro, que che enche o peito e faiche sentir viva. A personalidade de Lúa en escena é irresistible e á vez próxima. A súa poesía sensible, belixerante, certeira. Ela recita o seu particular “spoken word”, unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres Pablo acompáñaa con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante. Difícil non deixarse levar e non derramar algunha bágoa, sobre todo con poemas xa tan coñecidos como “ Cagar con la puerta abierta ” ou “Marchate, Mina”, “Chicle” ou o poema-canción “Otto”, no que Lúa recita a primeira parte e Pablo canta a segunda.