Concierto KV2211 “Saudade de Cuba”
Sábado 30 noviembre: 20:00h
Mais información: https://orquestrakv2211.wordpress.com/
A entrada ó concerto é inversa; isto é, entrarase de balde ata completar aforo e a saída do mesmo haberá unha urna onde o público poderá deixar o seu donativo.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, festexa o día de Santa Icía cun concerto especial baixo a dirección do compositor e director de orquestra cubano, Premio Nacional de Música de Cuba e membro do Colexio de Compositores Latinoamericanos de Música de Arte, Guido López-Gavilán. O concerto conta coa colaboración do Concello de Vigo e celebrarase no auditorio do cine Salesianos de Vigo, o vindeiro sábado 30 de novembro ás 20 horas.
A Orquestra interpretará un amplio repertorio de música cubana composta e arranxada polo propio Guido López-Gavilán con obras como “Guaguancó” ou “Chacona tropical” ademáis de arranxos de obras cubanas de Silvio Rodríguez, José White ou Pablo Milanés.
Como novidade, a Orquestra actuará xunto a profesores dos Conservatorios de Música de Vigo e Pontevedra, e coa participación de antigos membros da Orquestra así como dunha sección de ventos.