CONCERTO – OUTRA SINTONIA
Luns 29 decembro, 21:00h
Entrada libre ata completar aforo.
Outra Sintonía é un concerto xuvenil que reúne a bandas novas nunha noite de música en directo, enerxía e encontro. O Cine-Teatro Salesianos converterase nun espazo onde diferentes estilos e voces compartirán escenario para celebrar o talento local. A entrada é gratuíta e o ambiente, aberto e participativo. Unha oportunidade para apoiar ás bandas emerxentes, gozar da música e vivir unha noite diferente entre xente moza.