Un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas.
Durante o camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai.
Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña. E quen sabe, quizáis apareza neste conto un lobo que quera comer a Carapuchiña… Como rematará esta historia?
A partir de 2 anos.
Á entrada do teatro repartiráselle aos máis pequenos unha careta dobre coas caras de Carapuchiña e o Lobo para que participen durante a función.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Más información