5 Galeg@s…e punto, cona
Sábado 30 de diciembre, 21:00h
Venta de entradas anticipadas: www.ataquilla.com
Un espectáculo de humor e improvisación.
Podremos disfrutar de un maratón de comedia, lleno de humor, tolemia e improvisación…. de la mano de cinco maravillosos humoristas como son: Arantxa Treus, Federico Pérez, Marta Doviro, Oswaldo Digón y Pepo Suevos.
Non hai tanto tempo puxérase de moda un formato cómico que consistía en xuntar 5 monologuistas e facelos desfilar sucesivamente ante o micro. Eran os primeiros tempos da “era Internet”, así que tiveron a orixinal e tecnolóxica idea de rematar o título do espectáculo cun recurrente “.com” (“5 hombres.com”; “5 mujeres.com”, etc… Pero esa moda non chegou a Galicia, polo menos de xeito manifesto, e quedamos sen ver un “5 galegos.com” ou un “5 peixeiras.com”. Nin falta que fixo. Pero o títuliño este é moi parodiable, así que hoxe, moitos anos despois, nace a versión galega de pura cepa, que xa empeza tomando a broma o nome do espectáculo, que en si mesmo xa é unha declaración de intencións e deixa clara a cantidade de risas e gamberradas que haberá sobre o escenario.
E se ó título se lle deu unha volta, co contido pasou outro tanto. Haberá monólogos, claro… ou non. En principio si, pero como cada función vai ser diferente, pois non se pode asegurar nada. Perdón, algo si. A calidade e nivel dos participantes nesta tolemia. 5 das caras máis coñecidas da comedia galega, que porán todo o seu talento en cada segundo do espectáculo para que o público escache coa risa, ben mediante monólogos, xogos de improvisación, interacción co público… hora e media de gargalladas que lle van cambiar o día a máis de un ou unha. Os valentes sobre as táboas son Oswaldo Digón, Arantxa Treus, Federico Pérez, Marta Doviro e Pepo Suevos. Este é o cinco inicial, pero como no baloncesto, tamén pode haber cambios, porque en Galicia hai bastantes máis de 5 cómic@s de primeiro nivel, e o formato (parido por Suevos, en principio) busca potenciar a comedia galega a todos os niveis.